Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Baños de Molgas
Outra denominación do ben: Os Baños
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana Salientibus do itinerario Antonino, a vía XVIII que unía Astorga con Braga.
Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.
As virtudes das augas de Molgas, coñecidas dende o mais remoto, teñen o seu desenrolo nesa época da romanización.
En tódolos tratados das augas minerais da idade moderna figura Molgas como un dos mais coñecidos de toda España.
Esta importancia acrecentouse na época áurea da vila balnearia declarándose os seus mananciais de utilidade pública en 1873, e culminando coa construción do Balneario.
No século XX remodélase coas limitacións de atoparse nun terreo estreito entre a marxe do río e a estrada.
E no outro sentido ter de barreira a ponte Nova por un lado e a Burga publica e a ponte Romana polo outro.
Edificio de catro andares, feito en cantería.
As ampliacións mais modernas, xa foron en outros materiais.
Os mananciais mais coñecidos son a fonte Quente dentro do propio edificio balneario, A Burga aberta o publico e que brota a 49 º, tamén A Charca que brota a 28º e o largo de todo o río vense emanacións de auga pefectamente identificables polas burbullas.
As augas do balneario son de tipo radioactivas, bicarbonatadas-sódicas, silicatadas, oligometálicas, a temperatura da auga: 49º
Os servizos que ofrece o Balneario de Baños de Molgas son:
Aerosois, baños hidromasaxe, baños de chorros, ducha nasal, ducha circular etc.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.panoramio.com/photo/15902925
http://www.panoramio.com/photo/22128265
http://www.balneariodemolgas.com/hotel.htm
http://www.topbalnearios.com/ficha/balneariodemolgas
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.24280768350601Lonxitude: -7.67157107591629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Set 17, 2012
Baños de Molgas non ten planeamento de seu. No inventario das Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais non atopamos este ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf