Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Petróglifo/Estación de arte rupestre, Cruceiro, Paisaxe natural,
Concello: Salnés (comarca) / Vilanova de Arousa
Parroquia: András (San Lourenzo)
Lugar: Lobeira
Outra denominación do ben: Monte de Lobeira, Castelo de dona Urraca
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Castelo de Lobeira era unha fortificación medieval situada no monte Lobeira, nun enclave natural que proporciona un miradoiro cara á ría de Arousa, no concello de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés.

Parece ter antecedentes mesmo nun antigo castro na zona, e aparece mencionado en textos da Catedral de Santiago de Compostela como Castro Lupus ou Castrum Lupariae, no que viviu a “Reina Lupa”.

Nos séculos XI e XII a fortaleza adquiriu unha nova relevancia, sendo escenario de loitas feudais. Ainda quedan vestixios da antiga fortaleza de Dona Urraca, dende onde loitou contra o Arzobispo Xelmírez e o conde de Traba.

Hai tres petróglifos que se atopan nas inmediacións do actual miradoiro, e que representan xogos flamencos cos que se entretiñan os soldados holandeses que custodiaban a torre (que trouxera Don Raimundo, marido de Dona Urraca, do seu país).


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36061012
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

En 1896 levantouse unha gran cruz. O símbolo do cristianismo foi erixido como homenaxe ás vítimas dos naufraxios de navíos das costas próximas. Tralo afundimento do buque-escola Serpent o almirantado británico colocou nunha das rochas do miradoiro unha placa con inscrición inglesa para lembranza destes mariños.


Tradición oral:

A lenda fala de túneis que conectaban a fortaleza de Lobeira cos núcleos costeiros das actuais Vilagarcía e Vilanova de Arousa. A través deles, había unha vía segreda de escape ante calquer ataque na fortaleza, e así mesmo podíase empregar como vía de suministros. Tamén se conta que nestes túneis se agochaban os tesouros para evitar os saqueos dos invasores normandos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castelo de Lobeira, http://gl.wikipedia.org/

VIQUEIRA BARRIO, VALENTÍN: El castrum Lupariae. Folleto histórico de la Byrxa o Torre Lobeira en el valle de Salnés. – Imprenta-Hogar Provincial. – Pontevedra, 1960. – 92 p. con figs. y láms. (21 x 15).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.563820097929955
Lonxitude: -8.761553764343262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84