Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre, Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Corme Aldea (Santo Adrián)
Lugar: Gondomil
Outra denominación do ben: Pedra da Serpe
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A Pedra da Serpe é un monumento único de suma importancia; de orixe descoñecida e datación incerta que espertou a curiosidade de moitos historiadores, e ainda hoxe en día segue sendo obxeto de estudo.
Trátase dun cruceiro, realizado en granito, apoiado sobre unha plataforma de pedra sen labrar, cunha serpe alada gravada na superficie.
A cruz actual é recente, pois a anterior foi derrubada accidentalmente. Esta está formada por un fuste de sección cuadrangular e liso de brazos achaflanados.
Na superficie, atópase a serpe alada coa cabeza ben definida e a cola rematada en punta triangular.
Existen diversas teorías sobre a orixe e o significado do gravado da serpe.
A maioría defenden que se trata dunha representación prerromana atendendo ao feito de que aparecen gravados con este motivo en diversos xacementos de época megalítica. En relación con estas teorías, algúns investigadores tratan de relacionar este tipo de gravados coa tribo dos “Saefes” (Os Serpes) dos que falan os autores clásicos.
Outros investigadores afirman que é de tipo román xa que se empregaban no culto a “Jano” e á “Bona Dea”; o que explicaría as cazoletas que hai ao redor do pedestal, xa que se utilizaban nos ritos e nas “Hecatombes” adicadas a estes deuses.
Outra teoría defende que o gravado é de época medieval polo tipo de relevo figurativo.
En canto ao significado da simboloxía da serpe é descoñecido, pero en moitos casos tense relacionado coa idea de fecundidade, gardadora de tesouros, símbolo de curación, elementos demoníacos, etc.
O feito de adherirlle a cruz á Pedra da Serpe, é unha representación do proceso de “recristianización” que se leva a cabo tras o Concilio de Trento (1545-1564), dos elementos da cultura popular, que os eclesiásticos relacionaban co “paganismo” e a “indecencia”; e que se dará con especial incidencia na Europa Atlántica.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición máis coñecida sobre este xacemento é a que institucionalizou a igrexa no seu proceso de recristianización. Esta lenda afirma que Santo Adrián, patrón desta parroquia, librou esta terra dunha praga de serpes ao petar fortemente co pé no chan, facéndoas desaparecer todas e encantándoas a todas baixo da Pedra da Serpe. Na crucifixión que se garda dentro da igrexa de San Vicente da Graña, a serpe aparece esmagada polo pedastal da cruz.
Outra lenda afirma que perto da praia da Ermida, ainda se ven os focos das árbores, entre a area, da antiga e rica vila de Valverde, que foi queimada polos románs para escorrentar ás serpes.
Segundo o autor Vicente Risco, hai testemuños de xente que ten visto cóbregas voando.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2647766227Lonxitude: -8.94289791584
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
10 comentarios
María Bouzón Deibe says:
Xul 7, 2011
Moitas grazas pola información. Sempre me gustou moito (non pode faltar nas miñas viaxes pola zona ;D), pero a verdade é que co paso dos anos foise deteriorando moito, sobre todo nas ás, o cal é unha pena. Podedes comprobalo nestas fotos:
http://goo.gl/eVPo0
Ademáis engado unha imaxe que tomei nestes días:
http://goo.gl/FJE8Y
Apertas
mario says:
Mar 25, 2012
Segundo o meu entender non é unha serpe senón un dragón de alguén que quixo deixar constancia destos animais, porque ten a punta da cola en punta triangular e para min é prerromana, grazas
Marta says:
Nov 27, 2015
Sí,creo que é da época romana,dado que está en relieve.Que sexa serpe ou dragón xa é outra cousa.Posiblemente sexa unha serpe alada,deidade presente en varias culturas e relixións non cristianas.
mario says:
Mar 25, 2012
ademais si os fixades esta representado desde a parte de arriba seguro ke pordebaixo tiña patas
Epicuro Hedonista says:
Abr 6, 2012
Moitas grazas polo teu comentario Mario.
Polas últimas investigación que coñezo estase confirmando a hipótese de que sexa un “Genius Loci” de época romana, que se soe representar coa imaxe dunha serpe.
Ademáis teño entendido que a forma da talla do relieve sería máis parecida á dos escultores latinos.
Novamente agradecerche as túas ideas sobre o tema.
Marta says:
Xan 6, 2014
Sempre apoiei a hipótese dos Saefes ( Os Serpes )pois na zona os máis vellos falaban de que había muros onde agora hai prados,etc,o que apunta a un posible castro soterrado en algunha parte de Gondomil.Tamén está o feito dos 2 megalitos que habia sobre a Illa da Estrela e que foron derribados(tal vez po-la igrexa e o medo a este tipo de cousas na poboación).Antes da nomeada tantas veces hermita de turno,houbo,ou eso escoitei decir,un pequeno santuario o aire libre a este deus alado.Celta ou non,o gravado está demasiado ben definido para ser celta e tan antigo,tampouco me parece medievai,pero románico e altamente probable,xa que a deusa da fertilidade e a saude (Bona Dea)rodeabase de serpes.En canto a teoría do dragón,tamén me parece moi interesante,porque a verdade,parece mais este ser mitoloxico que unha simple serpe alada.De ser asi,a incógnita de quen o gravou aínda é máis complexa e interesante.
Elixio Vieites says:
Nov 28, 2015
No contexto podemos engadir o castro inédito que se catalogou xa en Patrimonio e no PXOM vindeiro de Ponteceso.
http://patrimoniogalego.net/index.php/77267/2015/09/san-adrian-vello/
Unha lenda da serpe de Gondomil podedes vela aquí http://www.jrvarela.net/costa%20muerte%20genuina.htm
Oscar Franco says:
Dec 14, 2017
Novas na prensa escrita de decembro de 2017:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2017/12/12/concello-ponteceso-propone-desviar-vias-locales-proteger-pedra-da-serpe/0003_201712C12C7996.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2017/12/13/exalcalde-ponteceso-dice-proyecto-pedra-da-serpe/0003_201712C13C7997.htm
Oscar Franco says:
Mai 28, 2018
Boas novas para este ben na prensa escrita do 25 de maio de 2018:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2018/05/25/pedra-da-serpe-recibira-fin-proteccion-promocion-merecida/0003_201805C25C1992.htm
Camperreis Spanje dag 69; van Cabo Vitan naar Malpica - Hans Koolmees says:
Mar 23, 2020
[…] rijd het dorp uit en rijd dan een weg in die verwijst naar een historische site: de Pedra da Serpe. Het is een kruis dat staat op een granieten rots langs de weg. Op die granieten rots is het […]