
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Maceda
Parroquia: Maceda (San Pedro)
Lugar: Toural de Maceda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de estilo barroco, situado no antigo campo da feira de Maceda.
Levántase sobre plataforma de tres chanzos e gran pedestal cuadrangular con lenda gravada a todo o seu redor.
O máis significativo é que o mastro presenta as figuras de Adán e Eva (que están mutiladas) coa serpe do paraíso que descende polo varal, na zona media, onde a sección e octogonal.
Todo iso complementase cos atributos da Paixón de Cristo na parte baixa do varal que é cadrada. Na parte máis alta o varal ten sección redonda con remate de capitel decorado con volutas e caras de anxos, sobre este remate con cruz, que pola súa simplicidade non está en concordancia
co resto do cruceiro, pode ser que non sexa a orixinal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.panoramio.com/photo/34412337
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA006.pdf (Pax.10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Ten figuras mutiladas.
Onde está localizado
Latitude: 42.27009647072686Lonxitude: -7.65434861183166
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84