Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Bemil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro aproveita un outeiro ao lado da aldea de Bemil e que ven sendo a parte baixa das abas dos montes do Oleirón na súa caída cara o val de Bastavales, a unha altitude de 120 m. Conta con un gran foso cuxa terra foi aproveitada para facer a defensa de terra e cachote pola cara norte. Está a 550 m. da Igrexa de San Xulián de Bastavales. Domina o val pero ten moitas terras por enriba do nivel da súa coroa polo cal as defensas naturais non son as óptimas para este tipo de asentamentos. A pesar desa característica ten rexas pendentes na cara que miran ao val de Bastavales.. Segundo X. Agrafoxo .” componse dun único recinto de xeito ovalado e protexido por un rexo parapeto que envolve toda a croa e as súas magnitudes son considerablemente acusadas pola banda do xacemento que mira ao leste. Aínda que Agrafoxo pon unha medidas de 85 m. NS e 90 LW, e considera de “reducidas dimensión” o outeiro no que está, as medidas aéreas dan outras moi diferentes: 190 m. norte sur e 120 m. leste oeste, contando cos muros. No mapa de pendentes pódese apreciar o esborrallamento do parapeto pola banda sueste como dixo a persoa da zona que nos acompañou e que describiu o castro cando non estaba izado de pinos e maleza. Tamén se aprecia a boa altura dos muros e a dimensión da coroa


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.PDF
pax. 11
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 10
Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8 (páxina 114)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8193288889
Lonxitude: -8.67161393166
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84