
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Beariz / Carballiño (comarca)
Parroquia: Santa María de Beariz
Lugar: Beariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa parroquial construida por Domingo de Castro entre 1612 y 1620, aínda que foi sometida a continuas obras de reconstrución e arranxos que propiciaron unha progresiva desaparición dos elementos construtivos e ornamentais que a caracterizaban. Posue unha soa nave con bóveda de canón con claraboya no centro e con tres arcos de medio punto.
Na fachada principal sobresae a torre-campanario e a figura da Virxe con motivos ornamentais que enmarcan a figura. A torre-campanario ten planta cuadrada, cunha fermosa balaustrada, con dous corpos superpostos en disminución ascendente, para rematar cunha bóveda apuntada e un pequeno pináculo. Foi deseñada por José Cerviño González, tamén chamado “O Pepe da Pena”, no último cuarto do século XIX.
A súa ábsida é cadrangular de onde saen catro nervos, un en cada esquina, para rematar coa figura dun evanxelista e de cada unha destas figuras saen outros nervos que confluen no centro onde está o Cristo cos apóstoles.
A sancristía foi construída por Carlos da Riva en 1704.
No seu interior destaca un retablo barroco, obra de Francisco de Vega en 1732, coa pintura orixinal e o dourado feito por Ignacio González en 1754. Tamén destaca unha cruz procesional de prata realizada polo ourive compostelán Xurxo Cerdeira no ano 1700.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BEARIZ/documents/0553CA001.PDF (PXOM ano 1993)
http://www.webterrademontes.com/ParroquiasBe.htm
http://xentedebeariz.blogspot.com.es/p/blog-page.html
BIBLIOGRAFÍA:
CERDEIRA DACASA, Marisol. (1986). Retablos documentados de los arciprestazgos de Avión y Boborás. Orense: apuntes artísticos. (en liña)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4662880157Lonxitude: -8.26883196831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Geira Romana e dos Arrieiros. Dende O Igresario a Beariz – ROTEIROS GALEGOS says:
Mar 18, 2023
[…] ante a igrexa parroquial de Santa María de Beariz, construida no século XVII, e na que sobresae, na fachada principal, a torre-campanario e a imaxe […]