Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Salvador)
Lugar: Cirro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Nun eido particular atopáronse no ano 1963, no lugar Cirro, na leira de Tallas,os restos dun hypocaustum (forno de calefacción) con pavimento de baldosas de barro vermello así como os comezos das pilastras elaboradas con ladrillos cadrados. O achado foi datada nos séculos II e IV. No informe que Chamoso Lamas fixo en Xaneiro de 1964 pódese ler que unha vez examinados os restos podíase manifestar que era un Hypocaustum pavimentado con grandes baldosas de ladrillo que servía para quecer o aire co lume que se acendía na contigua exedra de cantería. Tamén apareceron os arranques das columnas, repartidos simetricamente, formados por pequenos ladrillos cadrado que sostiñan o pavimento superior da cámara. Está nunha finca privada o que dificulta a visita e a obtención de fotos.Tamén se consideraba que era este hypocaustum o achado romano máis cercano aos restos atopados da mesma época nas escavacións da catedral de Santiago. Foto El Correo Gallego xanerio de 1964


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15003006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
(pax. 27)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA023.pdf
(3 de 3)
plano
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/22239pl105.jpg
( na aldea de Cirro, no punto coa referencia X-10)
Sobre as vías romanas por esta zona
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2374


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8391870136
Lonxitude: -8.66426467896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84