Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Allariz - A Barrela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En Allariz como pobo galego rico en tradicións, non podía faltar unha colección de cruceiros.
En total, podense visitar ata catro, colocados entre os anos de 1575 e 1580, unha época na que a cidade
foi atinxida por numerosas epidemias e peste bubónica e os seus cidadáns buscaron a protección do ceo.
Púxose un diante de cada parroquia, aínda que actualmente só a Santa María de Vilanova mantén a súa situación orixinal. O resto está no campo da Feira, preto da igrexa de San Bieito.

Practicamente igual o outro cruceiro situado no outro lado da entrada o atrio de San Bieito, a excepción da base, que debido a caída do terreo, este tena máis baixa que o outro.

Cruceiro plateresco de granito, posúe base de cantaría de tres chanzos sobre os que asenta o pedestal cuadrangular cunha banda horizontal rebaixada e rematado en especie de cúpula, enriba base formada por aros circulares dos que sae un varal cilíndrico acanalado verticalmente, con coroa de espiñas na base, no centro e na cima, con base cadrada.
Capitel moi decorado con diversos motivos: caras de anxelotes, adornos vexetais varios.
Cruz latina cuadrangular, con INRI, Cristo crucificado con tres cravos,no anverso e Virxe da piedade no reverso.
Situado no exterior do atrio da igrexa de San Bieito, saíndo desta a mao dereita, no que foi o toural.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Allariz_-_01_-_Igrexa_de_San_Bieito.jpg
http://www.panoramio.com/photo/13353774?tag=Cruceiro Allariz Ourense
http://www.vigoenfotos.com/allariz/allariz_iglesia_san_benito_cruceiros_1.html
http://www.youtube.com/watch?v=czGa7vFmYJk


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.18866171541763
Lonxitude: -7.798962593078613
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84