Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Bouzas (San Miguel)
Lugar: Bouzas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É unha construcción de base rectangular con ábsida semicircular.
No seu exterior destacan a torre, o campanario, que sobresae da fachada, o arco de medio punto sobre a ponte de entrada, o fronton triangular rematado en tres pináculos sobre dita porta. No seu interior destacan a súas imaxes, entre as que se atopan o Cristo dos Aflixidos ou o Paso da pesca milagreira.

O edificio construese no ano 1.542, cando o prelado Don Diego Muñoz, comprobando o incremento de poboación, faise eco dunha suxerencia dos veciños, e manda construir unha ermita o pequena igrexa, baixo a advocación de San Miguel, e se sitúa en linea de plaia próxima ao “Crucero Viejo”. Posteriormente construese tamén un cemiterio e se inician as ampliacións do edificio relixioso, polo aumento dos fieis.
En 1589 a igrexa queda totalmente derruida polo ataque dos corsarios ingleses a cidade de Vigo; e no ano 1596 o capitán de Bouzas  Álvaro Correa manda a súa reconstrucción emplazándoa próxima ao “Crucero Viejo” e delimitando a zona da Igrexa,. Nesta reconstrucción engádeselle a ábsida, a sancristía e a primeira arcada, coa entrada pola porta lateral que hoxe existe.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nun dos laterais exteriores podemos ver un escudo nobiliario coas armas dos Peña e Correa.
No interior existe un medallón feito en pedra no que se fi referencia á reedificación da igrexa no ano 1697 por Manuel Troncoso de Oia e a súa irmá Isabel, que exercian o patronato nela.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://alfesculturasymonumentos.blogspot.com.es/2012/02/iglesia-san-miguel-de-bouzas.html

BIBLIOGRAFÍA
“Bouzas  Historia dela Villa” D.Justo Fernandez Fandiño, ano 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2264517828
Lonxitude: -8.7535071373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84