Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Muxía
Parroquia: San Pedro de Coucieiro
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ten unha fervenza duns oito metros de caída ó río Castro o seu paso polo lugar do Castro, parroquia de Coucieiro e concello de Muxía. Consisten nunhas piscinas naturais que forma o río Castro ó caer formando unha fervenza de oito metros e varios rápidos baixando sobre unhas rochas escalonadas, ten grandes ocos circulares a maneira de caldeiras onde se poden disfrutar das súas marabillosas augas no verán, nunha paraxe natural cinguido de vexetación. O acceso está acondicionado cunha escaleira e unha baranda de protección feitas en madeira, o que fai permiti-lo descenso duns 40 metros que hai ata o río e as súas caldeiras. No lugar do Castro hai un área recreativa con barbacoas, mesas e bancos para facer unha comida ó ár libre, ademais de poder ollar unha fermosa capela do ano 1660 e un cruceiro do ano 1687.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo nos conta Marinha Vilaseco: “cóntase que no fondo do pozo onde cae a auga hai un encanto cunha tesoira.
Un dos muíños («muños») que está arruinado sobre as caldeiras foi un batán e a lenda fala dun túnel polo que os mouros levaban os cabalos a beber ao río.
O monte que está na marxe dereita é un castro. A lenda di que había unha trabe.
A capela estaba baixo a advocación de Santo Autel, a xente acudía para as mordeduras dos cans con rabia. E no campo no que está a capela aínda quedan restos dun valo, o canle da Chouriña, «que foi feito polos franceses e polos mouros (estes vivían nas Pedras Rubias, por xunto á capela de San Pedro Mártir) nos tempos dos negros, pois houbo unha guerra e tiveron que facer isto pra se defendere».”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.02363146622756
Lonxitude: -9.15959894657135
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84