Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde - Monte de Cabeza de Meda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

No lado sur-oeste do monte de Cabeza de Meda, en pendente caendo cara o pobo de Pardeconde, atopamos unha zona de gran concentración de petróglifos, todos con tipoloxía de cazoletas dun tamaño semellante.
Entre eles temos este que chamaremos, A Serra VII, pois é inédito e non ten denominación oficial.
Rocha exenta con cazoletas que semellan ser a maioría artificiais, anque algunha pode ser natural.
Ao seu carón podemos ver mais cazoletas (foto-2) espalladas nas rochas próximas, estas si son todas artificiais.
Tamén podemos ver algunha pedra fincada no chan, polos arredores, de un metro de altura.
As cazoletas da peneda exenta son de tamaño variable, pero as espalladas polos arredores teñen
todas unhas medidas semellantes, unhos 5cm de diámetro por 2 ou 3 de profundidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.356629371643066
Lonxitude: -7.6486945152282715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84