Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rois
Parroquia: Herbogo (San Pedro)
Lugar: Espai
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa datada do século XVIII e de estilo barroco con influencias dos mestres composteláns. De nave rectangular e teito a dúas augas amosa fábrica de cadeirado de granito moi regular en todos os muros. De fachada lisa con porta alintelada con orelleiras e dous pequenos vans a cada lado . Segue, enriba da porta, unha fornela coa imaxe de San Pedro e pináculos nas esquinas superiores dos paramentos da portada. Da parte central da fachada arranca unha gran torre de cato corpos separados por cornixas molduradas. Sendo o primeiro de forma cúbica e cun van redondo na cara frontal, o segundo leva entre pilastras estruturais arcos de medio punto que fan catro ocos, onde van as campás, e protexidos con balaustrada de pedra . Segue unha lanterna con arcos e coroando a edificación unha cúpula rematada en pináculo. O adro está rodeado dun muro de pedra con remate de grandes pináculos na entrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA002.pdf
(5 de 11)
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=2864
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78153457073664Lonxitude: -8.708971738815308
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Abr 22, 2014
Na igrexa parroquial, reaproveitadas na construción, consérvanse dúas aras. Unha adicada ao deus Erbieco, proveniente do castro do Socastro, situado nas inmediacións. A outra foi partida, só se le en parte.
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html