Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Carnota
Parroquia: San Clemente do Pindo
Lugar: Monte do Pindo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A forza da erosión do vento e o tempo durante millóns de anos fixeron no Monte do Pindo estranas figuras de pedra, caprichosas formas zoomorfas e antropomorfas que hoxe nos sorprenden e nos fan abrir a imaxinación, vendo dende todo tipo de animais ata os sete xigantes moradores deste gran Olimpo Celta. Mais a forza da erosión tamén fixo o máis incríbel aínda; perforar un monte rochoso granítico dun lado a outro, de leste a oeste, coma se fose utilizado un inmenso trade.
A este monte, coa súa cova, coñéceselle polo nome de “Casa da Xoana” ou antigamente coñecido tamén como “Reverte Demos” malia que xa pouca xente lle chama así.
Consiste nun túnel duns 20 metros de longo por catro de ancho e uns oito de alto, semellando unha gran catedral cando estamos no seu interior.
Neste lugar naceron moitas lendas de bruxas e demos e aquí non fai moitos anos, viñan as xentes do lugar a facer os típicos ritos de sanación e curación para quitar mal de ollos ou o aire dos mortos entre outras cousas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.894139284
Lonxitude: -9.11680698395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84