Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón da revolta que temos a saída da ponte de Xunqueira, pola estrada cara Ourense, e a escasos metros desta ponte, atopamos este petróglifo no alto de un penedo coa súa parte superior moi aplanada.
Está formado por algunha cazoleta espallada pola súa superficie e algo que nos chama se cabe
mais a atención, tratase de un circulo gravado sobre un rebaixe feito no penedo, de forma cadrada, e no centro do circulo, podemos ver unha diminuta cazoleta.
Este petróglifo aseméllase a outros que podemos ver nos arredores de algún castro, como o de Santomé preto de Ourense ou tamén no castro de Saceda en Cualedro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O penedo onde se atopa, foi destruído en parte, en unha ampliacion da curva que da acceso a ponte.
E posible que se se volve a facer outra mellora da estrada, chegue a desaparecer.


Onde está localizado

Latitude: 42.21200478290087
Lonxitude: -7.739219069480896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84