Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Redondela
Parroquia: Cesantes (San Pedro)
Lugar: San Simón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A illa de San Simón pertence ao concello de Redondela. Está unida a illa de San Antón por unha ponte e forman tamén o arquipélago os illotes de San Bartolomé e San Norberto. Ao longo da súa historia foi mosterio , lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. Cantada polos poetas medievais Mendinho, Johan de Cangas e Martín Codax nos séculos XII e XIII foi habitada por monxes templarios e despois polos Pascualinos de San Simón pertencentes a orde franciscana. A finais do século XVI foi asediada polos piratas ingleses, entre eles Francis Drake. Foi escenario da Batalla de Rande no 1702, cando navíos Holandeses e Ingleses atacaron a flota de Indias da coroa de castela. Despois esta flota angloxasoas asolaría as aldeas do entorno especialmente as de Cangas, Vigo, Soutomaior, Arcade e Redondela.
En 1830, e debido a cantidade de enfermedades que procedían das flotas que atracaban nos portos cercanos procedentes de América e outros puntos, habilitouse para convertela en leprosería e lazareto e lugar de cuarentena. Na illa de San Antón estaban os enfermos sen cura e os outros na de San Simón. A leprosería clausurose no 1927.
E etapa máis aterradora da súa historia viría despois da Guerra Civil do 1936 cando os presos de guerra e detidos , contrarios o bando franquista, foron encarcerados. En realidade era un campo de exterminio e tortura para os prisioneiros políticos desta zona e outras da península . Deixou de funcionar como cárcere no 1943. No 1950 morreron nun naufraxio os 43 tripulantes que ían no “Monchiña” pertencente a Guardia de Franco. No 1999 foron declaradas Ben de Interese Cultural e no ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu a illa como símbolo da represión no ano da Memoria. Hoxe está remodelada para fins de carácter cultural e de Lecer.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30854593989868
Lonxitude: -8.628816604614258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84