Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Carnota
Parroquia: O Pindo (San Clemente)
Lugar: O Pindo - Monte Pindo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta pedra cabalgada situada na aba do Monte Pindo mirando cara o mar tendo aos seus pés a parte norte do pobo e que fica a uns 200 metros sobre o nivel do mar, ten unha forma ovoide, orientada de oeste a leste, cáseque paralela ao curso do rio Xallas e apuntando a Fisterra. Esta pedra érguese sobre o borde mesmo do precipicio cunha silueta aerodínamica e que está apoiada equilibradamente sobre dous puntos de apoio. É posible subirse a ela, non sen respeto, dado que ten unha gran concavidade ou pía e súbese pola escotadura que desauga a auga da choiva. Dentro dela caben unhas cinco ou seis persoas e atopándose nese lugar o borde do precipio como xa dixemos, produce un gran respecto mais tamén podemos admira-las fermosísimas vistas panorámicas que temos da ría e o seu contorno.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARFANY VILARASSAU, P.: “Galicia incógnita”, Deputación Provincial da Coruña, 1995.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.89644617425508Lonxitude: -9.128115177154541
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84