Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cambre
Parroquia: Cambre (Santa María)
Lugar: Cambre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castromaior é un castro situado en pleno centro de Cambre estando no alto do monte Arrigada a uns 75 metros de altitude e dominando unha pequena chaira. Ten unha forma ovalada seguindo o seu eixo máis longo en dirección Leste-Oeste. Presenta ata tres recintos de diferente altura. Un recinto superior ou croa, de forma oval e lixeiramente descentrado dunhas 3,25 Ha. e cunhas medidas que van de Norte-Sur de máis menos 175 metros e Leste-Oeste de máis menos 200 metros ; unha terraza inferior, e unha segunda terraza a máis baixo nivel que sería o antecastro e que terían unha superficie de máis de catro hectáreas, aínda que esta medidas son de difícil cálculo dado que o antecastro na súa parte Leste está destrozado pola construción dun colexio (Escola Wenceslao Fernández Suárez) e pola que pasa tamén unha estrada xusto ao carón da defensa a croa e o colexio. Ten unhas medidas sumadas coas da croa que serían de Norte a Sur de un 270 metros e de Leste a Oeste duns 375 metros máis ou menos. A entrada a croa do castro era pola parte sur que ficaba a resgardo da defensa do antecastro e que a entrada desta debía estar polo leste ou surleste, mais como xa dixemos, esta zona arrasárona pola construción do recinto educativo. Posiblemente Castromaior fose romanizado, dado que ós seus pés apareceu unha Villae romana e por esta zona pasaba unha calzada ou vía romana que comunicaba Lucus con Brigantium. Este asentamento non foi escavado e salvo as catas que fixeron no último terzo do século XX, está moi pouco estudado. No caso deste castro, aínda é posible camiñar por parte da súa croa dado que aínda se traballan as terras pola súa parte Leste e Norte e tamén se pode andar, non con facilidade, polo seu antecastro nesa mesma zona.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.292153895127974
Lonxitude: -8.347989320755004
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84