Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Santa María de Cambre
Lugar: Cambre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A planta da igrexa é de cruz latina, con tres naves, outra de cruceiro, xirola e cinco capelas absidais, afectando polo tanto a forma de cruz. Sosteñen as naves, seis pilares con columnas adosadas e catro cruciformes máis robustas que corresponden co cruceiro.
Os apoios da xirola son oito columnas pareadas. Esta xirola é de tramos trapezoidais, de dimensións alternadas correspondendo capelas ós maiores e xanelas ás menores. As capelas da xirola son de planta semicircular de forma oxival, con fortes nervos tóricos, cinco panos e cinco xanelas. A capela maior cóbrese con bóveda de canón de medio punto e poligonal; e a xirola con segmentos de canón sobre arcos faixóns.
A maior parte dos capiteis son de follas e de moi fonda talla aínda que ten moita fauna agochada entra a vexetación das arquivoltas ou dos capiteis historiados nos que amosa leóns encabalgados ou con algunha figura aparentemente núa polo medio.
A fachada principal artículase en tres corpos, de abaixo arriba aparece unha fermosa portada de triple arco semicircular que descarga en columnas de capiteis de follas. No tímpano está representado o cordeiro místico entre dous anxos (Agnus Dei) e nas arquivoltas van amosando unha sucesión de figuras zoomórficas, mistura entre persoas e animais, denunciando o mundo do mal. Dous robustos contrafortes enmarcan esta portada que presentan unha semicolumna encostada, semellante ós pilares interiores. Arriba da portada hai unha cornixa saínte a modo de tornachoivas que serve para protexer a portada sobre uns canzoriños, con varias figuras de persoas e animais: músico, águias, cervos… A esquerda e á dereita da fachada ábrense senllas xanelas. As da esquerda, decoradas con cinco arquiños de ferradura e flores no seu tímpano.A xanela dereita presenta cinco arquiños pentalobulados.
No segundo corpo hai un rosetón moi sinxelo na súa traza, compoñéndose de oito círculos calados que cinguen a outro central. A decoración exterior está composta por arquiños semicirculares ou con forma de ferradura e unha moldura de tres xunquiños que pechan a rosa. Sobre este rosetón hai unha cornixa sen adornos que serve de base á espadana. Por arriba do contraforte dereito, sobresae a torre con escaleiras de caracol que fica embutida parcialmente en dito contraforte. Por último, no terceiro corpo presenta a espadana, dun único corpo formada por dous arcos de medio punto sobre machóns, sendo os externos máis anchos co interno e rematada cun tellado a dúas augas e coroada por unha cruz de pedra.
Esta igrexa monacal de Cambre foi erixido como mosteiro familiar e hereditario. Na segunda metade do século IX, o conde Alvito, cos seus irmáns Vistiverga, Urraca e Odracia, decidiron patrocinar a fundación dun mosteiro para o que dispuxeron de cuantiosos bens nos que estaban incluídos os vales de Calambre (Cambre) e Elviña.
No século X o mosteiro está rexido polo Abade Don Munio; sucédenlle os seus sobriños Alvito II e Gutierrez, quen no ano 942 agregaron o mosteiro con tódalas súas posesións ao de Antealtares en Santiago, ao que permaneceu anexionado con rango de priorato ata finais do século XV.
O feito máis importante destes séculos foi a construcción da igrexa baixo o patrocinio da poderosa familia dos Traba sobre o antigo edificio. Unha inscrición achada permite fixar parte da obra no ano 1194. No ano 1478, os Reis Católicos, co consentimento do Papa Inocencio VIII, decidiron unir a abadía de Antealtares a San Martiño Pinario para evitar unha amenazadora ruína total, coa cal a Antealtares seguiulle Cambre.
No ano 1589 o terrible pirata inglés Drake sitia A Coruña mais non consegue tomala, asolando os arredores nos que se atopaba Cambre, sufrindo a igrexa grandes destrozos polo incendio por parte dos ingleses. Coa invasión napoleónica sofre novos destrozos. Pese a todo esto chega ata nós para podela desfrutar con esa fermosura e frescura.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– BALSA DE LA VEGA, R.: “Catálogo monumental de la Coruña”, Tomo-I, pax. 146, Inédito, 1910.
– VILA DA VILA, M.:”La iglesia románica de Cambre”, Concello de Cambre, 1986.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2938977Lonxitude: -8.344973
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
franjopadin says:
Out 6, 2012
A Igrexa de Santa María de Cambre consta no catálogo de bens patrimoniais das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Cambre:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA003.pdf
Oscar Franco says:
Ago 29, 2019
A prensa dixital do 26 de agosto de 2019 fala desta igrexa:
https://www.elmundo.es/papel/historias/2019/08/26/5d628802fc6c837a298b465c.html
pablo fernández ans says:
Mar 31, 2022
Artigo “Notas sobre la arquitectura románica en la provincia de A Coruña,
José Carlos Valle Pérez”, da Fundación Santa María la Real: https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/a_coruna_2-Arquitectura_de_A_Coru%C3%B1a.pdf