Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Vilestro (Santa María)
Lugar: Tras Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro formado por recinto de forma oval e unha pequena terraza no lado norte. As defensas da terraza e do recinto limítanse a uns simples terrapléns, pero na parte leste máis desprotexida, os muros de terra chegan a ter ata 7 metros de alto dende o nivel do solo ata a parte central do castro. As dimensións do recinto central son de 65 metros na parte máis corta e 75 metros na máis ancha. O acceso está pola cara noroeste aproveitando a zona de enlace entre a terraza e o terraplén do recinto central. Está a 1,5 Km. en liña recta do castro de Marmancou (Figueiras, Santiago). Está cheo de eucaliptos e piñeiros e cerca do trazado dun gasoducto. Na segunda foto, o mapa de pendentes Lidar 2010 da zona do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15078039
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf
(pax 28,29 e 30 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8834172034
Lonxitude: -8.6025094986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84