Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ferrol
Parroquia: Brión (Santa María)
Lugar: Punta de Baterías
Outra denominación do ben: Bateria de San Carlos
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Castelo de San Carlos é unha batería costeira que formaba parte do sistema de fortificacións da entrada da Ria de Ferrol
O castelo foi construído seguindo as trazas neoclásicas de Juan de la Ferriere e Juan Vergel entre 1731 e 1739. A batería debía servir de apoio aos castelos de San Felipe, da Palma e de San Martiño.

O castelo é de grandes dimensións, construído en cachote de gran tamaño. A planta organízase en dúas frontes articuladas en forma de L, a máis curta cara o Oeste, en dirección á entrada da ría, con cinco grandes troneiras para canóns. A fronte máis longa, orientada ao Sur, cara a enseada, amosa sete postos artilleiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI-51-0008847
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.46117996861765
Lonxitude: -8.297392129898071
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84