Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde - Monte de Cabeza de Meda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Na ladeira suroeste do monte de Cabeza de Meda, caendo cara o casal de Pardeconde, atopamos unha zona de gran concentración de petróglifos, todos con tipoloxía de cazoletas dun tamaño semellante.

Concretamente este d’A Serra VIII, quizais sexa o que teña as cazoletas máis grandes, pois son duns 8 cm de diámetro. Sobre un saínte rochoso e na peneda mais alta, atópanse estas cazoletas agrupadas na zona nordeste, moi remarcadas, xa que teñen unha profundidade de unhos 4 cm.

A pesares do seu gran tamaño algunhas non son moi visibles por estar a peneda invadida de liques.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.35720872879028
Lonxitude: -7.648538947105408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84