Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Celanova
Parroquia: Milmanda
Lugar: Santa Eufemia,Celanova
Outra denominación do ben: Santa Eufemia
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa barroca dunha soa nave, ao que se engade un tramo cadrado máis amplo a modo de cruceiro do que sobresae unha capela ou sacristía lateral. A fachada é austera, coa decoración reducida a algunhas molduras e placas. A porta é de arco de medio punto decorado con molduras xeométricas. Sobre ela ábrese unha pequena xanela con arco de medio punto que acolle unha semicupuliña en forma de vieira. Destaca o seu campanario, moi esvelto e impoñente debido á súa desproporción co ancho da fachada, composto de dous corpos superpostos, o primeiro de planta cadrada, con amplo balcón abalaustrado ao seu arredor, e o segundo de planta octogonal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior destaca o retablo barroco, que narra a morte da Santa.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.13477564180217
Lonxitude: -8.027229309082031
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84