Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa ten planta rectangular e dous corpos cuadrangulares lixeiramente saíntes da nave principal que corresponden coa cúpula do templo e o lucernario. Feito a base de cadeirado regular de granito e tellado a dúas augas, agás na cúpula octogonal, e cuberta con tella do país. A fachada principal amosa unha porta rectangular, alintelada e con moldura coas esquinas en forma de orelleiras. Enriba desta porta, cornixa de pouco voo que lle fai de marco, xunto coas pilastras estriadas laterais, para rematar con frontón triangular coa imaxe de San Xoán e un reloxo redondo xusto enriba del . A fachada remata os seus paramentos con cornixas curvas e pináculos nos extremos. A torre do campanario amosa tres corpos. O primeiro, o das campás, é de base cadrada con ventás de arco de medio punto en cada cara e pequenas balconadas na parte inferior, con pilastras nas esquinas, con cornixa moi voada e remate de pináculos nos catro lados que dan paso a o outro corpo de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con casetóns e rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA008.pdf
( 7 de 8 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.84854105092242
Lonxitude: -8.637356758117676
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84