Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Insua (Santa Mariña)
Lugar: Silvoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo Neoclásico. O edificio ten case planta de cruz grega, pois o brazo maior é da mesma lonxitude que a cabeceira e as dúas naves laterais son só lixeiramente máis curtas. Esta construída enteiramente en muros de sillería.

O brazo maior e a cabeceira son dun só tramo, cubertos con bóveda de canón, arco triunfal e arco de acceso ao cruceiro iguais, de medio punto, lisos, sen basas e capiteis en talón, cuarto de bocel e listel. Os brazos menores non teñen arcos de acceso, as bóvedas inícianse cun resalte directamente no cruceiro, bóvedas tamén de canón. Todas as bóvedas teñen a mesma altura.

O cruceiro cóbrese con bóveda de crucería, que inicia os seus arcos en ménsulas de ángulo.

Ao Sur da cabeceira levántase unha sancristía con cuberta de bóveda de canón. O retablo é Neoclásico, cunha imaxe da patroa, a Virxe da Concepción, do século XIX, ocupando o nicho central.

As bóvedas da nave maior e cabeceira aséntanse sobre impostas en nacela e cuarto bocel; as naves laterais dunha imposta en simple filete. A porta na fachada occidental cúbrese con arco alintelado. Enriba ábrese un nicho sobre unha ménsula e máis arriba unha xanela rectangular de dobre derrame. O piñon é rectangular con pináculo no extremo Sur e torre no Norte.

A cornixa é en todo o edificio de dous linteis superpostos e cuarto de bocel.

A torre é de corpo cadrado, con cornixón apoiado en friso de placas, en talón. Sobre el ábrense catro vans rematados en arcos de medio punto, lisos, rematando este corpo corpo noutro cornixón en gola, con catro pináculos nos ángulos. O cumio cúbrese en cupuliña pétrea con pináculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTECALDELAS/documents/0869ME010.pdf
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-capelasilvoso.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.352688817713
Lonxitude: -8.5422831773758
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84