Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Santa María de Castro Barbudo
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Da época de 1883 aproximadamente, é obra do Mestre Manuel González Perdiz. Consta de tres cruces de granito, que se atopan á esquerda da entrada do adro da igrexa de Santa María do Castro, fronte ao lateral Norte da mesma. O conxunto das tres cruces aséntase nun enreixado rectangular. O pousadoiro presenta un fermoso frontal de sinuosas molduras cunha placa circular no centro.
A cruz central érguese nun pedestal cadrado no que aparecen inscripcións en cada unha das caras:
“SE HIZO “ADMINISTRA “EL “AÑO
SIENDO ABAD DOR JOSE MAESTRO DE
D. MANUEL Mª GARRIDO” MANUEL 1883″
MARTINEZ” GONZALEZ”

O varal é de base cadrada ata unha altura dun metro; a partir de aquí é de base octogonal. Á metade do fuste aparece a figura de San Xosé e na parte posterior a de San Xoan Bautista. A cruz é cilíndrica; por unha banda aparece a representación de Cristo e pola outra a Virxe do Rosario.

As cruces laterais aséntanse sobre pedestais lixeiramente máis pequenos nos que tamén aparecen inscripcións. O fuste da columna é cilíndrico, reducíndose a súa circunferencia no extremo superior. A cruz da dereita é cilíndrica e con nós semellando unha árbore. Aparece representada a figura de Dimas, o bo ladrón. A cruz da esquerda, da mesma feitura á anterior, aguanta a Xestas, ó mal ladrón.

A cruz da dereita presenta a seguinte inscrición:
“DIMAS EL BUEN
LADRON”.

A cruz da esquerda presenta outra inscrición que di:
“GIESTAS EL MAL
LADRON”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.oocities.org/xufp/calvario_Barbudo.html
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3604304.html
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-calvariobarbudo.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHÉZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao “OS LADRÓNS NOS CALVARIOS GALEGOS”. Actas do IIº Congreso galego sobre Cruceiros e Cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña. 2010.

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3601849918
Lonxitude: -8.48903596401
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84