Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Santa María do Castro Barbudo
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Casteliño / Castelo / Monte do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Atópase nun outeiro con forte pendente na parte meridional, cara o val do río Oitavén. Ten tres terrazas, nas que estaba o hábitat castrexo na parte N-NO.
Na súa croa destacan os numerosos afloramentos graníticos que se prolongan pola aba norte cara cotas inferiores. Na parte setentrional hai unha primeira terraza de pequenas dimensións que rodea un foxo estreito; na parte meridional cae unha pronunciada pendente cara o Oitavén. No mesmo sector N-NO. existen outros dous recintos. O que está na parte máis baixa (o terceiro) supera os oitenta metros de longo por uns doce de ancho. No cabo noroeste aprécianse terrazas de cultivo nunha área de pouco desnivel, pero con socalcos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36043014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Hai unha mina que vai dende o coto a onde está, na actualidade, o encoro das Eiras e que ó primeiro ten osíxeno e logo non. Nesta mina o mesmo se atopa veleno que ouro.
Tamén din que ten unha porta que está tapada”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

REBOREDO TAJES, Manuel. “A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Vedugo-Oitaven”. Tese de doutoramento. Universidade de Compostela. (Páxina 573 a 583)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Muros de parcelas e unha repoboación de eucaliptos alteraron e distorsionaron moito o lugar.


Onde está localizado

Latitude: 42.359978868875
Lonxitude: -8.4862518310547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84