Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Ínsua (Santa Mariña)
Lugar: Rebordelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro situado en fronte da capela do mesmo nome, consta dunha plataforma de dous chanzos e pedestal troncopiramidal. Na cara frontal vese un oco dun peto que, mirando ao oeste, descubre unha inscripción. A sección do varal é cadrada, pasando a cilíndrica. O capitel imita ao corintio romano, cunha cara de anxo en cada lateral, entre dúas volutas. Remata en cruz latina de sección cadrada, que pasa a octogonal polo rebaixado das arestas ata o extremo dos brazos e testeiro, que regresan á sección orixinal.
Na base do cruceiro existe unha inscrición, hoxe moi erosionada, na que pon a seguinte lenda:
“DEVOCION
DE MANUEL
BAQUERO I
SU MUGER”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Din que apareceu no lugar coñecido hoxe co nome da Santa, en Rebordelo, onde fixeron unha capeliña para cobixala, xa que é abogosa contra os tronos e os malos espíritus.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3604301.html
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-capelarebordelo.html
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas” Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.371468198956Lonxitude: -8.5069611668587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84