Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Portomouro (San Cristovo)
Lugar: Portomouro de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O recinto aproveita un pequeno couto que pertence as estribacións dos montes de Peón ( 337 de altura) na súa caída cara o río Tambre. Amosa unha lixeira inclinación seguindo as pendentes do sistema orográfico, aínda que a croa central é moi chan e uniforme (foto 2), pois foi utilizada como terra de labores agrícolas. As condicións de defensa non son as máis doadas pois parte do castro está ao mesmo nivel que as terras que o rodean, sobre todo na zona norte. Ese motivo fai que cara a esa zona se levante un gran parapeto bastante intacto duns 6 metros de altura (foto principal). Non acontece igual na banda sur, onde foi arrasado para ampliar a terra de cultivo da coroa. Aínda así un foso a modo de camiño chan faise moi visible nesa zona polo que cremos que a maior parte da terra do parapeto foi botada aí. Segundo Agrafoxo : “rodeando este recinto central atópase unha plataforma que nalgunha partes é cingida dun parapeto bastante esmorecido e totalmente arrasado na zona norte” . Está cuberto de piñeiros e eucaliptos, a excepción da coroa que agora (2012) estase a converter en monte o que foi un herbal.
As medidas que da Agrafoxo son N.S. 70m. e L.W.85m., a coroa central de forma circular tería un diámetro de 38m.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8
(p. 168)
Webs:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALDODUBRA/documents/0394CA002.pdf (páxina 60)
Foto do voo americano 1956 ( ángulo esquina esquerda-abaixo):
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0094A-0602.pdf
Mapa de Pendente (no mesmo ángulo):
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0602.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.96199648976937
Lonxitude: -8.641347885131836
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84