Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Fefiñáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo de Fefiñáns atópase no centro da Vila de Cambados. A súa planta, en forma de L, consta de baixo e piso, a primeira adicada a adega e explotación comercial de viño albariño e a segunda a vivenda dos propietarios actuais do pazo. As fachadas que ollan á antiga Praza do Mercado, hoxe de Fefiñáns, teñen como características os frontóns situados enriba de cada unha das fiestras. No lado Sur posúe unha torre da homenaxe de catro plantas, na cal cabe salientar un balcón circular situado no terceiro piso, coñecido como o “balcón do pelegrín”. Cabe salientar o arco-ponte que une o pazo coa finca contigua de dezaseis hectáreas, adicada a xardín e plantación de cepas de albariño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

As fachadas do pazo teñen tallados bustos dos máis destacados persoeiros da familia Sarmiento e Valladares; e dentro das fincas contiguas existen varias fontes, e incluso unha pequena Torre da Homenaxe adicada á Batalla de Pavía.


Tradición oral:

Unha lenda local conta que unha persoa se perdeu no laberinto de setos que existe no bosque contiguo ao Pazo, perecendo no seu interior, polo que a familia mandou devastar o laberinto, conservándose na actualidade só unha parte do que foi.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Lenguaje oculto en los jardines gallegos. Manuel Gómez Anuarbe.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.51897566850977
Lonxitude: -8.81328821182251
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84