Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ames
Parroquia: Tapia (San Cristovo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela de planta rectangular e tellado a dúas augas que ten os muros feitos a base de perpiaño irregular de granito. Amosa fachada moi sinxela con porta rectangular alintelada e dous pequenos vans a cada lado con resalte no muro entorno deles. No centro ,un ventanal acristalado a modo de lucernario ten forma semicircular, está debaixo dunha faixa horizontal resaltada no paramento. No medio da parte superior hai unha lenda gravada nunha pedra resaltada : “Capilla de Santa María Magdalena 1887”. Despois arranca unha base cuadrangular que sostén a espadada da campá, que está nun oco de arco de medio punto. Enriba ten unha pequena cruz cos brazos potenzados. Está situada debaixo do Castro de Piñeiño e ao lado dunha capeliña con fonte onde se fan pequenas ofrendas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA009.pdf
(3 de 5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.93341851821897
Lonxitude: -8.654651641845703
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84