Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Beariz
Parroquia: Xirazga (San Salvador)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As primeiras noticias documentais que existen desta ermida remiten a finais do século XVI e primeiros anos do século XVII.

Trátase dunha mostra típica do barroco serodio como o demostran a fachada telón ou retablo, as portas enmarcadas en orelleiras, as pirámides con bolas, o nicho que acolle a iconografía do santo, a torre obra do Mestre Ovelleiro, as ménsulas e o taqueado. Os materiais empregados son o granito en ángulos, cornixas, zócalos, piso, bóvedas, fachada, marcos de portas e ventás e a lousa no resto, o mesmo que na cuberta con bóveda de canón na nave lonxitudinal e de aresta no cruceiro.

Coroando a capela maior hai un retablo de pedra con mesa ou predrela, e dous corpos separados por unha imposta incurvada, cada corpo ten tres rúas. Na central está a sede do santo.

Sabemos que esta ermida foi visitada polos arcebispos e bispos de Santiago de Compostela en 1.737 e 1.746. O cardeal Jerónimo de Hoyos nas súas “memorias” dinos que na parroquia de San Salvador de Xirazga hai una ermida de San Domingos no monte. Por unha visita feita a dita ermida en 1.778 sabemos que estaba totalmente derruida. En 1.785 o culto a San Domingos de Xirazga é practicamente inexistente e por iso o visitador ordea que se enterren as imágenes dos santos. O culto ao “Glorioso Patriarca” iniciou uhna lenta agonía ata 1.797, ano no que o mordomo Juan Cendón veciño da aldea de Alén efectúa a primeira recolección de esmolas para a reconstrucción da ermida. É agora cando se inicia a reedificación da ermita, que dura ata o ano 1.857. Durante estes anos traballaron na fábrica da ermida ata 200 obreiros e artesanos, canteiros, carpinteiros e ferreiros. Entre os mestres da obra figuran artistas de aldeas próximas (Cerdedelo) como son José Nieto, Antonio Cerviño, Manuel Rojo, Manuel Portavales e o Mestre Ovelleiro quen tamén fixo a torre da igrexa parroquial do Divino Salvador de Xirazga, hoxe reformada despois de ser derruida por un lóstrego hai uns anos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Os primeiros dias do mes de agosto de cada ano multitude de romeiros acuciados polas dores de cabeza, as herpes, os “coxos”, a reuma e por moitos outros males misteriosos que non se curan andando camiños de médicos, cheos  de tristura por ter a vaca ou o porco doente, esperanzados, acoden ao Santo Domingo de Xirazga para que lles alonxe e lles  libre de pestes e males estraños.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://xentedebeariz.blogspot.com.es/p/blog-page.html

BIBLIOGRAFÍA
BANDE RODRÍGUEZ, Enrique e TAÍN CARRIL, Carlos. (1994). Ermita y Romería de Santo Domingo da Xirazga: Una devoción mendicante en un medio rural entre dos mundos. Ed: Concello de Beariz.
CERDEIRA DACASA, Marisol. (1986). Retablos documentados de los arciprestazgos de Avión y Boborás. Orense: apuntes artísticos. (en liña)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4906833281
Lonxitude: -8.32953572273
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84