Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Moraime (San Xulián)
Lugar: Moraime
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A igreja románica de Sam Jiám de Moraime foi construída no século XII e integrava-se no mosteiro beneditino do mesmo nome. O mosteiro dos santos Jiám e Basilissa de Moraime foi fundado no século XI e sofreu o ataque dos piratas normandos, trás o qual foi reformado graças à intervençom de Pedro Froiaz de Trava em 1105. Foi no século XII quando se ergueu o templo actual com um novo mosteiro. A sua construçom foi possível mercê à protecçom do rei Afonso VII, que estivera refugiado no mosteiro quando criança durante as luitas entre os seus partidários e os de sua mae, a rainha Orraca. A decadência do cenóbio começou no século XIV, devido sobretodo às agressons por parte da pequena aristocracia da comarca, e, trás depender do mosteiro de Sam Martinho Pinário, os Reis Católicos integrárom-no no Real Monasterio de San Benito de Valladolid.
Manuel Chamoso Lamas dirigiu excavaçons na vertente sul da igreja em 1972 e descobriu restos de um povoado romano e vários enterramentos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ferrín González, J. R. (2000): “Monasterios románicos del ámbito de la Costa da Morte”, in Suárez Suárez, M. (coord.): Simposio de Historia da Costa da Morte. Actas do I Simposio de Historia da Costa da Morte: mil cen anos das terras de Nemancos, Soneira e Bergantiños (Baio e Zas, 18, 19 e 20 de xuño de 1999). Cee: Asociación Neria, pp. 99-119.

Lucas Álvarez, M. (1975): El monasterio de San Julián de Moraime en Galicia: notas documentales. Gran Canaria: Caja Insular de Ahorros.

Rey Souto, J. A. (2000): “O mosteiro bieito de Moraime”, in Suárez Suárez, M. (coord.): Simposio de Historia da Costa da Morte. Actas do I Simposio de Historia da Costa da Morte: mil cen anos das terras de Nemancos, Soneira e Bergantiños (Baio e Zas, 18, 19 e 20 de xuño de 1999). Cee: Asociación Neria, pp. 45-66.

Rey Souto, J. A. / Framiñán Santos, A. (1999): “As orixes, a Terra de Nemancos e os Trastámara”, in Cores Trasmonte, B. (dir.): Historia de Cee. Cee: Concello de Cee, pp. 171-232.

Sousa Jiménez, J. (1982): La iglesia de San Julián de Moraime: su programa escultórico. Memoria de licenciatura dirigida por Serafín Moralejo. Universidade de Santiago de Compostela.

Carro Otero, Xosé (1986): “Tres esqueletos de la necrópolis galaico-visigótica de San Xiao de Moraime (Muxía-La Coruña)”, Cuadernos de estudios gallegos, T. 36, nº 101; p. 7-53.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.084971512488785
Lonxitude: -9.199494123458862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84