Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Tui
Parroquia: Randufe (Santa María da Guía)
Lugar: Avenida de Portugal.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Ponte Internacional sobre o Miño, tamén coñecida por Ponte de Valença ou Ponte Internacional de Tui, é unha infraestrutura rodo-ferroviária do ramal internacional entre Vigo e Porto, que cruza o río Miño na fronteira entre Portugal e Galicia. Foi precisamente a necesidade de comunicar os ferrocarrís da liña Vigo-Ourense coa portuguesa de Porto-Valença o que levou á tramitación e proxecto dun viaducto que salvase a fronteira natural do Miño.

O deseño do proxecto recaíu no enxeñeiro Pelayo Mancebo y Agreda. A ponte deseñada por Mancebo ten a particularidade de permitir conxuntamente o tráfico ferroviario, o de estrada e peonil debido a solución adoptada de taboleiro-caixón. Unha vez aprobado o proxecto a obra foi adxudicada á empresa belga “Société Anonyme Internationale de Construction et d´Entreprise des Travaux Publics Braine-le-Compte”, que introduxo reformas no proxecto orixinal tales como a sustitución de pilares metálicos por outros de canteiría, feito que tamén ocorrera coa obra do Viaducto Madrid de Redondela. Os encargados de dirixir as obras foron os tamén enxeñeiros belgas Eugène Rolin e Auguste Cazaux xunto co galego Andrés Castro Teijeiro. A obra foi executada en trinta e catro meses, desde novembro de 1881 até outubro de 1884. Posteriormente leváronse a cabo as probas de resistencia e finalmente, a inauguración oficial celebrouse o 25 de marzo de 1885. Tratouse dun evento de gran pompa ao que asistiron autoridades e numeroso público.

Esta ponte está composta por unha superstrutura en viga metálica de celosía múltiple disposta en cinco tramos contínuos. A estrutura presenta un duplo taboleiro, o superior para o ferrocarril e o inferior para tránsito rodado e peonil. Os cinco tramos de ferro preséntanse separados por paramentos metálicos de apoio; son res centrais de 69 metros de luz e dous laterais de 61,50 metros cada un. A súa vez presenta dous viaductos ferroviarios de entrada sobre a estrada de 15 metros de luz. A estrutura complétase con dous estribos en cada acceso realizados en granito e resoltos a nivel basamental con arcos de medio punto, e no taboleiro, mediante doble arco e balconada corrida. É co deseño destes estribos onde o enxeñeiro Pelayo Mancebo deixa patente a súa preocupación arquitectónica e estética, tratando a súa obra non só de simple enxeñaría utilitaria, e creando deste xeito, tamén un belvedere sobre o Miño. Nesta mesma liña, o enxeñeiro relata na memoria de obra a seguinte consideración: “he huido de dar a los estribos el aspecto de fortificación, (…) porque entiendo que artísticamente, no deben señalarse fronteras entre pueblos hermanos, (…) y porque, bajo los muros de la plaza fuerte de Valença, la comparación real y lo que imita, había de dar un carácter falso y pueril”. Finalmente toda a estrutura metálica apoiase sobre catro pilares de canteiría con planimetría subcircular.

No referente á concepción entre vanos e masas, o contraste é moi claro entre o macizo do granito e a lixeireza que aportan os vans da celosía metálica. Este contraste tamén se fai patente no referente á concepción volumétrica dos elementos, pois a horizontalidade que proxectan as vigas vese mitigada polos pilares e estribos. De todos xeitos, tanto elementos sustentados como sustentantes atenden a formas moi primarias, ao igual que a súa propia disposición (horizontal-vertical). Sen embargo todos os elementos conxúganse nun todo de formas e liñas puras nun medio de formas orgánicas (o Miño e o seu bosque de ribeira).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: CT/03-ARQ/60
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ,F.“Historia del puente internacional de Tuy sobre el Miño”. Boletín
académico / Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Nº 18. A Coruña, 1994.
G. SANTISO, A.”Primer centenario Puente Internacional de Tui-Valença do Minho. 1886-1986″.Tui 1986.
NAVASCUÉS PALACIO, P. “La arquitectura gallega del siglo XIX”.Santiago de Compostela, 1984.
NAVASCUÉS PALACIO, P.”Arquitectura e ingeniería del hierro en España (1814-1936)”. Madrid, 2007.
VV.AA. “Pontes históricas de Galicia”. Santiago de Compostela, 1989.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (p.60)
http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/2183/5255/1/ETSA_18-9.pdf
http://www.monumentos.pt/Site/APP_PagesUser/SIPA.aspx?id=6218
http://superficie.pt/index.php?option=com_content&view=article&id=130%3Anumao&catid=42&Itemid=84&lang=en
http://tudensia.blogspot.com.es/2011/03/artigo-sobre-ponte-internacional-do-seu.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.03616183094883
Lonxitude: -8.646841049194336
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84