Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambre
Parroquia: Sigrás (Santiago)
Lugar: Sigrás de arriba, O Adro.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos, os tres primeiros con voo. Ten un pedestal moi moldurado e unha grande escocia. Pegada o primeiro chanzo leva acaroada unha mesa. O varal é cadrado con chafráns na que ten unha inscrición polo anverso que dí: “+ JHS MISION 1908” e ten outra inscrición no lado esquerdo coa data de contrucción: “1867”. O capitel é cadrangular moldurado cun anxo con ás por cada lado. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa e cun pergamiño coas siglas INRI. O se pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Dorosa coas mans xuntas sobre o peito e cunha espada cravada. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMBRE/documents/0091CA008.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.286583755174696Lonxitude: -8.365246653556823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84