Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)/ Pexegueiro (San Miguel)
Lugar: Anta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Penedo natural ubicado nun outeiro a poucos metros da mámoa de Seixos Albos, empregado a xeito de marco divisorio.

Presenta unha cruz latina gravada na superficie (cruz de termo), e dous orificios que segundo fontes orais servirían para colocar bandeiras ou estandartes. A posible orixe da cruz de termo sería a división e nova organización territorial efectuada no couto de Tui en 1095 polos condes de Galicia, Raimundo de Borgoña e a súa dona Urraca I.

Desde o lugar exténdese unha visión panorámica tanto das dúas parroquias que o penedo deslinda así como doutras terras do Baixo Miño e Alto Minho portugués.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LÓPEZ ALSINA, F. “La cristalización de Tui como espacio de poder señorial entre 1095 y 1157”. Tui. Presente, pasado y futuro. I Coloquio de historia de Tui. 2004. (pp. 73 a 84)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.04149256493038
Lonxitude: -8.68217647075653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84