Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Paregrina, A. (Santa María)
Lugar: Peregrina, A.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa é de estilo barroco con tendencias clasicistas. Foi feita no 1795 segundo pon a incrición que existe na fachada. Ten planta de cruz latina e cimborrio octogonal sobre o cruceiro. No lateral hai unha escaleira de dous corpos para acceder ao interior que fai patín. A fachada está feita con cadeirado de granito e os outros muros son de mampostería, revestidos e pintados de branco . Tellado a dúas augas e cuberto con tella do país. A fachada está flanqueada por dúas grandes pilastras e enriba da porta alintelada vai un grande van rectangular cos seus ocos formando unha cruz. O outro corpo da fachada, confórmao un grande frontón semicircular, cunha fornela coa imaxe da Virxe Peregrina. Sobre o frontón arranca a base cuadrangular do campanario con adorno de placas e cornixa moldurada. A súa torre amosa tres corpos. O primeiro, o das campás, é de base cadrada con ventás de arco de medio punto en cada cara, cornixa voada e remate de pináculos nas catro esquinas ,o outro corpo ten traza octogonal con vans que rematan en arcos de medio punto en catro das súas caras, sosteñen unha pequena cúpula con casetóns e rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa. Ten un recinto murado ao seu redor co cimeterio, o campo da festa, unha carballeira, un palco da música e un cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf (30 de 199)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.922539069601186
Lonxitude: -8.553382158279419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84