Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Sigrás (Santiago)
Lugar: Sobrecarreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conserva do románico a nave, a parte da ábsida e o arco de medio punto da capela maior sustentado por columnas con capiteis decorados con motivos vexetais. No exterior, baixo a cornixa dos muros laterais, podemos ollar unha serie de canzoriños que reproducen curiosas figuras tamén de época románica.
No ano 1600 comenzaron os traballos de reconstrucción da súa fachada, momento no que se agregaron elementos doutros estilos, como é o caso da porta oxival da parte sur do século XV, ou a fachada do século XVII, na que conviven elementos renacentistas, barroco e neoclásicos.
A fachada en tres tramos, de acertadas proporcións e composicións tradicionais, simétrica, cunha porta principal sinxela,e cun óculo de luz por riba seguido dunha cornixa que pecha o primeiro tramo para seguir co segundo de aspecto triangular curvado e rachado pola base acornixada que dá lugar a espadana. Nesta figura triangular está flanqueada por dous pináculos nas esquinas. No derradeiro tramo, unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares que serven para aloxar ás campás. O segundo aparece coroado por un frontón triangular curvado flanqueado por dous pequenos pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMBRE/documents/0091CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28671066554895
Lonxitude: -8.365616798400879
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84