Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Aríns (San martiño)
Lugar: Torrebranca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro presenta plataforma cun chanzo, o cal está moi enterrado e non se descartaría que tivera máis e foran tapados polas obras da construción da estrada que hai ao seu lado. Na plataforma atópase a base , coa aresta superior rebaixada e gravadas letras nos seus lados cos nomes das persoas que o costearon , pola súa devoción, pero que non están moi visibles. No arranque cuadrangular do varal vai gravado o ano de construción, 1736, e despois tórnase octogonal. Despois da aresta superior do varal podemos apreciar un capitel rematado en abaco moldurado e no que podemos apreciar pola cara que vai o Cristo, un monxe co hábito franciscano que ben pode referirse a San Francisco, e pola cara contraria unha figura dun santo que ten un can que podería ser San Roque, patrón de Santiago. Nas outras dúas van caras de anxos. Enriba da plataforma do capitel vai a cruz de brazos de forma cilíndrica con cristo crucificado, e que ten unha perna partida, e polo reverso a virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca020.pdf (pax.182 de 225)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86502575360037
Lonxitude: -8.508803844451904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84