
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Beariz
Parroquia: Beariz (Santa María)
Lugar: Magros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
As primeiras explotacións mineiras da zona remóntanse á época dos romanos, centradas na preseza de ouro asociado a outros metais, pasando pola época da explosión de tres empresas relacionadas coa búsqueda de estaño e wolframio. A actividade mineira no século XX en Beariz centrouse en dúas zonas principales: esta de Magros e a do cerro de Marcofán.
Nesta mina de Magros aínda se pode ver perfectamente os distintos niveis de prospección. Tamén se conservan os edificios auxiliares, tanto na entrada da boca-mina como os fornos de fundición e extracción dos metais na cortorna da explotación.
A explotación das minas foi levada a cabo no só por compañías, senón que moitas eran traballadas por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río aportaba ás familias da posguerra unha axuda en tempos de moita necesidade.
Contan os vellos do lugar que para vender o mineral de contrabando o fundían con forma de “cociña de ferro” para logo transportar ao Porto de Vigo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Castroviejo Bolibar, Ricardo (1974) Estudio geológico y metalogénico de la zona de Beariz (Orense). Tesis(Doctoral).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.453033965001396Lonxitude: -8.252331018447876
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84