Outra fotografía:
Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Cambre
Parroquia: Sigrás (Santiago)
Lugar: Sobrecarreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Coñecida como Casa Reitoral de Sigrás, algúns din que foi o antigo hospital de Sigrás; que neste edificio era onde se refuxiaban os peregrinos de camiño a Compostela, e que estaba promovido polos monxes bieitos que daban de comer e durmir ós camiñantes aínda que isto non está confirmado. Segundo nos escribeu Ramón Boga, “niste lugar e ata o camiño (Camiño Inglés ou de Faro) había unha serie de dependencias que aloxaban tamén un pequeno hospital de peregrinos, todo un complexo Hospital-Igrexario do que hoxe non queda nada. Non está claro que pertencera aos monxes bieitos, o que si está demostrado é que foi propiedade dos Templarios”.
Hoxe en día esta reitoral conserva case na súa totalidade a súa traza orixinal, sendo de planta rectangular con baixo e un andar e cuberta a catro augas con tella do país, destaca no lateral do edificio unha porta rematada en arco de medio punto que dá acceso ó baixo e para o acceso ó primeiro andar ten outra porta no fronte na que hai que subir unhas oito escaleiras cun pasaman ou varanda de ferro. No lado dereito, o carón da casa hai un pozo de auga bastante enxebre na que ten incluída unha pía para lavar a roupa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.28650370387939Lonxitude: -8.365541696548462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Out 12, 2012
Coma información complementaria engado o enlace ao catálogo das N.S.P. (1994) vixentes en Cambre, que conteñen este ben (ficha 20):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA004.pdf
Moncho Boga says:
Out 15, 2012
O nome é “Casa Reitoral de Sigrás”, e só por ise nome se coñece. Outra cousa é: nise lugar e ata o camiño (Camiño Inglés ou de Faro) había unha serie de dependencias que aloxaban tamén un pequeno hospital de peregrinos, todo un complexo Hospital-Igrexario do que hoxe non queda nada. Non é claro que pertencera aos monxes bieitos, o que si está demostrado é que foi propiedade dos Templarios. Non sigo
Xose Troiano says:
Out 15, 2012
Moitísimas gracias pola información, Moncho. A verdade é que deberías seguir, canto máis completa e correxido vaia a ficha mellor queda e mellor parece. Unha grande aperta.
La ruta de los templarios - Escapalandia says:
Xul 16, 2020
[…] Ramón Boga, citado por la web Patrimonio Galego, también este rincón del concello de Cambre por donde transita el Camiño Inglés, Camino de […]