Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Maceda
Parroquia: Zorelle (Santiago)
Lugar: Bustavalle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A cámara do hórreo está soportada por cinco pares de pés cadrados, con arestas achaflanadas, que conforman catro vans, todos eles con tornarratos rectangulares con cabezas circulares. A cámara é mixta, de sillería de pedra para a estrutura, dinteis inferiores e penais. De madeira son os laterais, con rañuras para a aireación e as portas, tamén os dinteis superiores. Ten tellado a dúas augas, e nunha sobrepena ten unha cruz de pedra mentres que na outra un pináculo ou tiruleco. O frontal está perforado con dous orificios, enriba da porta, con algún símbolo gravado. Ademais, posúe unha grande escaleira de cantería para subir polo lado sur. Todo el está soportado por uns muretes de cantería, que o manteñen elevado, a altura da capela que está o carón, e debido a inclinación do terreo. Ten un largo de 9,50 metros por 1,20 de ancho.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA002.pdf (p. 12)
BUSTAVALLE B
BUSTAVALLE A
bustavalle2010 040


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30094838568971
Lonxitude: -7.677348554134369
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84