Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Almeiras (San Xulián)
Lugar: Alvedro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

No pobo de Alvedro destaca a silueta do castro do mesmo nome situado a uns 100 metros de altura sobre o nivel do mar. O xacemento está formado por un único recinto de forma oval. Ten unha superficie duns 9.000 metros cadrados e cunhas medidas de Norte a Sur duns 110 metros e de Leste a Oeste duns 115 metros máis ou menos. Ten varios aterrazamentos polo Leste e Sur e a porta de entrada semella estar orientada ó Noroeste aínda que se accede agora polo Norte. As súas defensas son impoñentes sobre todo a da parte Norte e Oeste chegando a ter uns oito ou dez metros de altura. Polo Sur e o Leste ten unhas pendentes bastantes pronunciadas. A parte Leste do recinto está parcialmente destruída por unha pista, así como por un camiño moderno que serve de acceso ó interior da croa. Pódese andar pola maioría da extensión do castro e desfrutar do entorno aínda que o castro non ten nengún tipo de escavación arqueolóxica aparente pódese ollar unha parte dun muro polo Norte. No interior do recinto son visíbeis tamén as destruccións causadas por unha canteira que semella de explotación tradicional, que afecta principalmente ós penedos que serven de asento ó parapeto pola parte Oeste.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15031002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3008292554
Lonxitude: -8.36966693401
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84