
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Celanova / Terra de Celanova (comarca)
Parroquia: Milmanda (Santa Eufemia)
Lugar: Santa Eufemia
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de Santa Eufemia de Milmanda
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dun monumental peto de ánimas cunhas medidas aproximadas de 3 metros de alto por dous de ancho, organizado en dúas bandas horizontais con furnas que aloxan senllas imaxes. No corpo inferior sitúanse unha piedade no centro flanqueada por Santo Antón e as ánimas no purgatorio, mentres que na banda superior amósase Cristo Crucificado. O conxunto aparece organizado a través de molduras, pechándose na cima cun frontón ondulado coroado por unha cruz.
Este peto de ánimas pasa por ser o maior peto de ánimas de Galicia. Atópase pegado á vella casa reitoral de Santa Eufemia de Milmanda.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Molduras barrocas, estatuas de vulto redondo.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CELANOVA/documents/0526CA001.pdf (p. 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CELANOVA/documents/0526CA003.pdf (p. 9)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.13471199241044Lonxitude: -8.023409843444824
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 14, 2015
No libro de FERNÁNDEZ De La Cigoña, Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense, faise referencia a uns epígrafes pintados na parte alta e aos lados do fornelo superior. O da esquerda di “PINTO (ilexible) 1866” e o da dereita “JOSE BENITO VAZQUEZ”