Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Cortegada / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Cortegada (Santa María)
Lugar: Cortegada
Outra denominación do ben: Escolas Públicas "República Arxentina"
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Casa do Concello de Cortegada de Baños é un edificio de planta cuadrangular de dúas alturas e cuberta a catro augas. Ten tamén dúas fachadas diferentes, xa que unha delas era a escola (Escolas Públicas “República Arxentina”) e a outra un casino. Este edificio foi doado pola familia Álvarez (popularmente coñecidos como os “Tortuga”) a principios do século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Molduras modernistas, reloxo do século XX, …


Tradición oral:

Edificio doado pola familia Álvarez (máis coñecido como os “Tortuga”, cos que emparentou Fermín Bouza Brey)  como escola de indianos e casino (lugar de reunión típico da burguesía da época).


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORTEGADA/documents/27627ca006.pdf (p. 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.20662678654595
Lonxitude: -8.1718111038208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84