
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: San Amaro
Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)
Lugar: Monte comunal da Ermida
Outra denominación do ben: Cruceiro do Couto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Sinxelo cruceiro de granito, erguido sobre unha base cúbica na cima dunha escalinata de tres chanzos. O fuste é octogonal, pasando directamente -sen capitel- cara a unha sinxela cruz de brazos iguais de sección cadrada. Por cada lado, a cruz está decorada con liñas rectas. É posible que a cruz sexa máis antiga que o fuste, este último dunha factura moi utilizada nos cruceiros do século XVIII.
A tradición oral da zona fala de que antigamente este cruceiro era máis alto. Está colocado no medio dun monte comunal, a onde acudían as procesións da parroquia. Na súa proximidade existen unha peneda con petroglifos circulares e unha pequena elevación onde “se enterraban os mouros”. Sen dúbida trátase dos restos dunha mámoa. Forma unha fermosa triloxía coa mámoa e cos petroglifos. É un símbolo da cristianización dun lugar “especial” onde houbo enterramentos antigos.
A principios do século XVII hai referencias dunha ermida no lugar, adicada aos Santos Cosme e Damián.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Perfecto Sulleiro González foi un poeta da veciña parroquia de Ourantes, que pasaban por este lugar para ir ós muíños da Fareixa: “Cruceiros hai moitos./ Pero aquil cruceiro estaba soio. / Estaba no meio duns camiños, alá no monte, / indo pra Fareixa. Camiños sen esquerda nin dereita: / camiños que se perden na noite. / Un monte lexano, soio, perdido: / un camiño que se alarga, soíño, / e que vai a un muíño, / ou a un eido, ou sirve de atallo. / Ouh, o cruceiro (do camiño) da Fareixa! / Quen o mandou faguer? Quen puxo a pirmeira pedra? / Quen rezou nil por primeira vez? (…)”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SULLEIRO, PERFECTO: “A beira da vida”. Ediciós do Castro. Sada, 1988.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O abandono é o a principal ameaza que teñen este tipo de pezas. Ó seu carón medran sen control todo tipo de árbores. O acceso é fácil, pero está pouco coidado.
Onde está localizado
Latitude: 42.3439705664Lonxitude: -8.05778503418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84