Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: San Amaro
Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)
Lugar: A Casa Grande
Outra denominación do ben: Ara de Bandua
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Ara ou altar de época romana, con epigrafía latina, pero adicada a unha divindade galaico-lusitana chamada Bandua, divindade que xa era coñecida na parte occidental da Península Ibérica antes da chegada dos romanos. As lecturas que se fixeron, en diversas publicacións, son asombrosamente discrepantes. Todas están de acordo en que é unha dedicatoria de Emilio Reburrino a Bandua, pero difiren na categoría que se lle dá a Bandua: de Lámbrica (ou Lámbriga), de Lansbrica, de Alaniobriga, de Lanóbriga… Unha das últimas lecturas é a seguinte:
BANDV
? LAMB
RICAE AE
MILIVS RE
BVRR(I)N V(otum) S(olvit)

“A Bandu/a? de Lamb/rica E/milio Re/burrino cumpriu o seu voto”.

Nesa categoría que se quere atribuír a Bandua, todos os autores ven o topónimo do castro de San Cibrao das Las, moi cerca (menos de 1 quilómetro) do lugar de Eiras. Hai que dicir tamén que neste lugar (Eiras) apareceron restos dunha vila romana. É salientable o mosaico romano que, segundo Rodríguez Colmenero, foi descuberto nunha viña e posteriormente tapado apresuradamente polo dono da finca, o cura da parroquia.

Aínda que a ara reproduza o topónimo do xacemento castrexo de San Cibrao das Las, non existe documentación que probe a súa procedencia do interior desa citania.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:

RIVAS FERNÁNDEZ J. C.: “Nuevas aras romanas y rectificaciones interpretativas en torno a otros epígrafes galaico-romanos ya conocidos”. Boletín Ariense, III. 1973.
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana. Universidad de Deusto. 1977. (p. 155)
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Aquae Flaviae I. Fontes epigráficas. Universidad de Chaves. 1987.
RODRÍGUEZ COLMENERO A.: “Sobre un supuesto error epigráfico-histórico. Correcciones al ara de Bandua Aetobricus de Codesedo (Ourense) y a otros epígrafes de su amplio entorno”. Cuadernos de Estudios Gallegos. Tomo XLVII, Fascículo 113, Santiago 2000.
CASTRO PÉREZ LADISLAO: Sondeos en la arqueología de la religión en Galicia y norte de Portugal: Trocado de Bande y el culto jacobeo. Universidade de Vigo. 2001.
GARCÍA FERNÁNDEZ-ALBALAT, B.: Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas. Edicións do Castro. Sada, A Coruña, 1990.
VIDÁN TORREIRA, M.: “Pambre y el enigma del ara de Eiras”, en Nalgures, tomo I. Pág. 335. A Coruña, 2004 (Disponible en Internet. Inclúe un interesante resumo que permite coñeocer a historia da interpretación da inscrición dende X. Lorenzo Fernández ata A. Colmenero).
GONZÁLEZ IGLESIAS, F.:”O patrimonio, esquecido, no San Amaro. Análise da situación do patrimonio nun concello rural na provincia de Ourense”. en Ágora do Orcellón 17. Páx. 38-52. Vigo. Marzo de 2009. ISSN 1577-3205.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

En mans privadas, pero sen posibilidade de acceso para a súa visita como sería lóxico nunha peza tan importante, máxime cando se ve nela o antigo topónimo da citania de San Cibrao das Las, Lámbrica.

A ara de Eiras


Onde está localizado

Latitude: 42.353545602
Lonxitude: -8.05157381587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84