Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Carnota
Parroquia: O Pindo (San Clemente)
Lugar: O Pindo - Campo de Cortes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Desta ermida do Monte Pindo, situada no Campo de Cortes xusto debaixo do cume da Moa, tan só fican os seus alicerces. Restos amoreados de pedras e, entre algunhas delas, aparecen gravados soltos, letras ou anacos de escritos que nalgún tempo tiveron algún sentido e, ó igual con todo o referente a este “Olimpo Celta”, acabou mesturado con moitas lendas e mitos deste gran Monte Sacro.
Aínda que non se conserva case ningunha documentación sobre esta edificación, hai indicios moi claros como a inscrición da refundación desta ermida que data do 1200, ou alusións máis antigas como as do tombo de Celanova do ano 942 onde aparece nomeado o Monte Pindo, “In Carinota cun suo Monte Sacro”, ou outra alusión máis antiga do ano 830, en tempos do rei da Galiza, Afonso II que lle encomenda ó abade Tructinio unha relación das igrexas do seu reino. Neste documento aparece escrito, “In Carnota ecclesia Pintani in sentes”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8891086279Lonxitude: -9.11187708378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 4, 2016
Unha referencia sobre este lugar:
http://quepasanacosta.gal/recuperando-a-historia-da-ermida-do-monte-pindo/