Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Cequeril (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

Antes da construción da vía de comunicación xa existía a ponte de “0 Ramo”, que serviu de apoio á actual, máis ancha, sendo todavía perfectamente visible dende a orilla do río. Era entón estreita, de 1,80 metros de anchura e de pedra, segundo se aprecia e segundo as testemuñas de quen a recordan, cun amplo ollo central de 10 ms. de diámetro, e dous menores, un a cada lado, de 4 ms. de luz, apoiados o interior sobre pilares de perpiaños de 2,60 ms. en sentido transversal ó río e de 4 ms. no que discorren as augas, coas esquinas lixeramente redondeadas augas arriba, facendo a modo de suaves espolóns. Ao exterior, os arcos menores apoianse en sendas construcións fortes, de perpiaños, que salvan o desnivel. A altura á que discorre a actual estrada é de 8 ms. sobre o nivel normal das augas, sendo a da primitiva duns 6,50 ms


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Baixo esta ponte levouse a cabo durante moitos anos e ata non hai moito, un dos ritos máis populares da zona, o rito do Bautismo Prenatal.

Tratábase dun bautismo do feto antes do nacemento (denominado na zona de Cuntis “enxembramento”) realizado para salvar a descendencia das mulleres embarazadas que xa tiveran problemas por abortos non desexados ou que perderan os fillos ao pouco de nacer.

Unha vez fixado o día para o rito pagán, a muller embarazada, en compaña dalgúns familiares, dirixíase entrada a noite , cara á ponte evitando falar entre eles durante o percorrido ata que se realizara o enxembramento. Chegados alí, a muller e algúns da comitiva baixaban ata a beira do río e esperaban en silencio ata as doce da noite que era a hora fixada para o bautismo. Mentres tanto, dúas persoas dos acompañantes, preferentemente homes, esperaban nas dúas entradas da ponte para reter á primeira persoa que pasase e obrigala a que descendese ata a beira do río para efectuar a cerimonia do “enxembramento” que consistía en verter a auga polos peitos e o ventre da embarazada, co que pasaba a converterse en padriño ou madriña accidental da criatura “nonnata”.

Na maioría dos casos, oa rematar co acto do bautismo, celebrábase unha comida ritual, finalizada a cal guindaban, de costas ao río por riba da cabeza, os restos á corrente do río como mostra de agradecemento ao Umia.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
PEREIRA-POZA, Antonio. Bautismo intraútero en cinco puentes del Condado de Salvatierra, en Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto”, vol. I, Santiago, 1984, págs. 397-404.

FUENTES ALENDE, José. El bautismo prenatal en “A Ponte Do Ramo” CUNTIS (Pontevedra). (En liña: http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/el-bautismo-prenatal-en-a-ponte-do-ramo-cuntis-pontevedra/html/)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6030177436
Lonxitude: -8.52799773216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84