Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Santa Marta de Moreiras (Santa Marta)
Lugar: Os Gozos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta Capela-Santuario dos Gozos, cuxo estilo é barroco, foi construída no século XVII. É un edificio de planta rectangular, dividida en tres seccións por dous arcos. A sancristía está situada na cabeza e comunica coa nave a través de dúas portas abertas nos lados do altar maior.
A primeira sección é o maior, respondendo a súa condición de capela maior. A importancia desta sección, obsérvase no exterior pola súa altura e o ensanchamento da súa planta. O tellado é a dúas augas na nave, tres na sancristía e catro na capela maior. O exterior é moi sobrio, a lisura das paredes feitas de sillería regular, só interrompido polas fiestras cadradas que dan paso á luz. A fachada acaba nun campanario arrogante composto por dous corpos rectangulares, o primeiro con dous arcos de medio punto, e o segundo cun só, sendo separadas por molduras de diferentes tamaños, todo coroado por tres pináculos. Enriba da porta adintelada cunha sinxela moldura crebada nas esquinas, asoma un corredor que resgarda un altar franqueado por unha fiestra do lado da epístola e no do evanxeo por unha porta que leva a tribuna. Este conxunto é enmarcado por pilastras lisas e resaltadas da fachada con basas e capiteis moldurados por enriba deles un encablamento rematando con pináculos.
O interior está totalmente forrado con pedra, limitándose o decorado as pilastras que soportan os arcos, e dúas pías que están embutidas na parede o lado das portas. O retablo feito por Benito Rodríguez Múgica no ano 1696 botouse a perder, porque a colocación das imaxes non ten a precisión dun traballo deste tipo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

No adro desta igrexa celébrase a romería dos Gozos, festa popular no concello do Pereiro de Aguiar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA005.pdf (p. 2)
http://www.absolutourense.com/la-iglesia-de-nuestra-senora-de-os-gozos/
http://www.panoramio.com/photo/69583176
http://www.panoramio.com/photo/69583169
http://www.panoramio.com/photo/69583195


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.319200807838655
Lonxitude: -7.79330849647522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84