
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense (María Auxiliadora)
Lugar: Ourense
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:
A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como Ponte Romana, ou Ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense.
Ten a súa orixe no século I, cando formaba parte dun ramal da vía XVIII do Itinerario de Antonino, tamén chamada Vía Nova, que comunicaba coa vía XVIII (o camiño Bracara-Asturica).
A Ponte Romana ourensá é unha das maiores obras de arquitectura vial de todo o Imperio. O seu arco central tiña o maior van de todas as pontes romanas de pedra, superando en máis dun metro o de San Martiño de Aosta e igualando á maior ponte coñecida dos feitos en madeira polos romanos, o de Traxano sobre o Danubio.
A situación estratéxica da ponte como nó de comunicacións no centro da Gallaecia aumentou durante os séculos posteriores, contribuíndo ao desenvolvemento da vila.
Conserva sete arcos dos once orixinais. Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos, renovado entre 1230 e 1449, até que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco Agüero deu á ponte o aspecto actual, indiscutiblemente medieval a pesar de manter elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio.
Suplindo a carencia da Ponte Maior (cando permaneceu esta intransitable) ou mesmo complementándoa, varias barcas atravesaban o río desde os seus portos respectivos, un xusto a par dela e outro, o Porto Vello río arriba, no remate do Coiñal (hoxe practicamente desaparecido, polo espolio dos croios destinados á construción durante os anos sesenta).
Durante moito tempo o arco central da Ponte Maior, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España, até que a mediados do século XIX, coa apertura da estrada entre Villacastín e Vigo derrubouse a torre existente na ponte que figura no escudo da cidade.
Foi declarado monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961.
Na actualidade, e trala súa peonización en 1989, é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a Catedral de San Martiño.
Tres cousas hai en Ourense
que non as hai en España,
O Santo Cristo, a Ponte
e a Burga fervendo auga.
O arco central elévase case trinta e oito metros, ábrese unha luz de corenta e catro metros, un dos máis notables logros da enxeñería civil medieval.
Modernamente retocouse un arco, convertido en semicircular, en contraste cos demais, que son apuntados.
Portou torre defensiva ata o s.XIX, e da banda da cidade desemboca ante a capela dos Remedios, construída en 1522 modesta ermida gótica, co seu arco oxival na porta e sobre el un brasón heráldico. Foi restaurada na década dos oitenta, e recentemente sufriu un incendio que a destruíu, está a espera da súa rehabilitación.
Xunto a ponte estaba un obxecto inquedante: o rollo ou picota, coñecido popularmente como pelouriño. A mediados do ano 1455, os viandantes mesmo puideron ver o cadáver dun home tras serlle aplicado o tormento.
Información: Xabier Moure
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.fotocommunity.es/pc/pc/display/20130359
http://vimeo.com/channels/videoaereo#/channels/videoaereo/26889773
http://emigracion.xunta.es/prodixios50/ponte-maior-arco-do-imperio-romano
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/80/Puente_romano.jpg
http://www.absolutourense.com/a-ponte-vella/
http://sobregalicia.com/2010/05/25/el-ponte-vella-puente-romano-de-ourense/
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/ourense/ponteromano.html
http://ourensecultura.com/centro_historico/ponte_vella_romana.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34539792088567Lonxitude: -7.868742942810059
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 17, 2016
A prensa escrita do 17 de abril de 2016 recolle a nova da primeira fase da rehabilitación deste ben:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2016/04/17/puente-romano-pone-dia/0003_201604O17C3991.htm